O Concello aposta por unha oferta cultural para nenos e nenas este Nadal a través deste programa
O Concello reforza a súa aposta pola cultura e o entretemento familiar durante as festas de Nadal cunha nova edición do ciclo“Monicreques, unha programación pensada para os máis pequenos que encherá de maxia e diversión o Fórum Metropolitano entre o 26 e o 30 de decembro.
“Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso coa difusión da cultura en galego e a creación de espazos de lecer educativo para a infancia, consolidando o Nadal como un tempo para compartir experiencias culturais de calidade”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Cinco compañías galegas especializadas en teatro e monicreques darán vida a historias cheas de imaxinación e valores, con espectáculos en galego adaptados a diferentes idades:
Venres 26 de decembro: O Rato Pérez (A Xanela do Maxín) – Para maiores de 3 anos.
Sábado 27 de decembro: De Vilatriste a Vilalegre (Assircópatas) – Para maiores de 4 anos.
Domingo 28 de decembro: As Almofadas Soñadoras (Teatro ó Cubo) – Para maiores de 4 anos.
Luns 29 de decembro: TITA (Títeres Cachirulo) – Para maiores de 4 anos.
Martes 30 de decembro: O Apalpador contra o ladrón de xoguetes (Teatro Babaluva)
– Para maiores de 3 anos.
Todas as funcións celebraranse ás 18:00 horas e terán unha duración aproximada de 50 minutos. Os espectáculos abordan temas como a amizade, a superación, a fantasía e as tradicións galegas, convertendo cada cita nunha oportunidade para gozar en familia. As entradas poderán adquirirse en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense e do Fórum Metropolitano, o propio día da función neste caso. O prezo xeral será de 6 euros, o abono de 3 entradas, 15 euros; e a entrda para menores de 3 anos, 2 euros.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.