Tuesday 23 de December de 2025

Unión por Cambre e PSOE novamente xuntos para paralizar os pagos a Edar Bens


O pleno de hoxe deixou enriba da mesa o debate sobre a modificación da ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter público non tributario polo servizo público de tratamento e depuración de augas residuais, que permitiría que a deuda de case 3 millóns de euros non se continúe acumulando.

 

 

UxC e PSOE votaron a favor da retirada da orde do día do asunto, alegando que faltaban informes e que hai outras vías para axilizar o pago dos case 3 millóns de euros que o Concello de Cambre adeuda con Edar Bens dende o ano 2019.

 

O goberno municipal propoñía a través desta modificación de ordenanza dar un paso para frear a acumulación da débeda e poder asinar un novo convenio de colaboración para regularizar a situación. Para, unha vez regulada a situación, poder actuar e resolver o xeito de liquidar a débeda actual.

 

Tal como expuxo a interventora municipal durante a sesión plenaria, se tratan de dúas cousas diferentes, por unha banda regularizar a relación con Edar Bens, que se podería iniciar con esta modificación de ordenanza,  e por outra pagar a débeda pendente.

 

Alternativa critica absolutamente a actuación do bipartito que conformaban o anterior goberno “se tiñan outras vías para axilizar esta situación, porque non as tomaron durante o seu goberno conxunto.”

Deja un comentario