O pleno de hoxe sacou adiante a adxudicación dun dos servizos máis imprescidibles do municipio por un valor de 3.901.501,34 euros para os dous próximos anos e prorrogable a dous anos máis coa empresa Protección Geriátrica 2005.
Alternativa deu o seu voto a favor nesta adxudicación que mellora o contrato anterior, tanto nas condicións dos usuarios do servizo, como a dos traballadores.
O grupo municipal manifestou que a prioridade é que a nova empresa poida empezar a traballar canto antes. E que a veciñanza poida empezar a apreciar as melloras que inclúe o novo servizo, así como as novas medidas que se incorporan de funcionamento e control.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.