O Rastrillo solidario, organizado pola Asociación Amas de Casa de Neda, na ponte da Constitución volveu ser todo un éxito. A entidade vén de comunicar aos Servizos Sociais do Concello que, grazas á colaboración da veciñanza que se achegou á Casa das palmeiras a mercar a típica flor de Pascua ou algún dos innumerables detalles elaborados polas propias socias da entidade, recadáronse 1.000 euros que a entidade doa para a compra de alimentos e produtos de primeira necesidade para as familias con recursos máis limitados do municipio. O Concello de Neda agradece tanto a doazón como o traballo desinteresado da asociación a prol desta boa causa.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.