Esta medida busca axudar a persoas en situación de vulnerabilidade
O Concello de Ribeira fixo entrega de alimentos non perecedoiros destinados a dúas entidades sociais que prestan os seus servizos no municipio: Cáritas e ICE Renovación.
O obxectivo é incrementar o respaldo dende a Administración local a estas dúas entidades para proporcionar axuda por estas datas a persoas en situación de vulnerabilidade.
Por tal motivo, dende a Concellería de Servicios Sociais investíronse máis de 4.000 euros en alimentos básicos como galletas, aceite, fariña, leite, pasta ou arroz.
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, manifesta que “a maiores da axuda que prestamos directamente dende o Concello, queremos tamén reforzar os bancos de alimentos de dúas entidades de encomiable labor no noso municipio como son Cáritas e ICE Renovación, especialmente nestas datas, e axudar así con algo tan esencial como é a alimentación a persoas en situación de vulnerabilidade. Non hai dúbida da vital importancia que ten o noso tecido asociativo neste aspecto.”
En sentido similar tamén se pronuncia o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, para quen “damos continuidade a esta colaboración con dúas entidades que son importantísimas no establecemento de sinerxías coa Administración local cara a amplificar a capacidade de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños.”




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.