Tuesday 23 de December de 2025

O Concello doa a entidades sociais elementos de valor non reclamados da Oficina de Obxectos Perdidos


A cesión, xetsionada a través da Policía Local, inclúe diñeiro en metálico e utensilios varios, que se entregarán a Cáritas e Fitas do Vento

O Concello súmase un ano máis a unha iniciativa solidaria xestionada a través da Policía Local. Trátase, explica a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montse Paz, de aproveitar os obxectos perdidos non reclamados para darlles unha nova vida dunha forma solidaria. Así, os bens non reclamados polos seus propietarios durante un prazo de dous anos, entregaranse as asociacións Cáritas e Fitas do Vento. Esta última destina os seus fondos a proxectos educativos e de apoio á infancia en Mozambique, un país con altísimos niveis de pobreza.

As doazóns deste ano inclúen 335 dólares americanos e 470 francos suízos (equivalente a 788 euros), que serán destinados a cubrir dúas bolsas de estudo, e un inventario moi amplo de utensilios de todo tipo que consiste en:
– 500 paraugas
– 2300 pezas de roupa
– 3 cadeiras de paseo de bebé
– 4 caixas con xoguetes
– 2 caixas de material escolar
– 450 pares de gafas
– 2 cascos
– 15 caixas con roupa de diversas idades
– 6 instrumentos musicais
– 5 patinetes
– 2 bicicletas
– 4 maletas

Ao encontro para formalizar a doazón acudiu hoxe a concelleira Montse Paz acompañadas por axentes da Policía Local e representantes das dúas entidades beneficiarias. “Este tipo de iniciativas son en realidade a proba de que moitas veces resulta posible, poñendo un pouco de imaxinación, atopar recursos que teñen un gran valor para determinados colectivos”, apuntou Paz, quen recordou que nos servizos de obxectos perdidos gárdanse os máis diversos obxectos, moitos deles de valor, e que con estas doazóns ademais de axudar a quen o precisa, dáselle unha nova vía a bens que doutro xeito quedarían almacenados ou acabarían por ser tratados como residuos.

Deja un comentario