Wednesday 24 de December de 2025

O Ribeira Concilia conta coa participación de 45 nenos e nenas


 O Concello volve apostar por esta iniciativa para facilitar a conciliación das familias por estas datas

Un total de 45 nenos e nenas participan no Programa Ribeira Concilia que entrou en funcionamento hoxe para favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias durante o Nadal. Ata alí desprazouse o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, para comprobar o inicio desta prestación por parte do Concello de Ribeira con opcións de ocio para a rapazada con contido adaptado á temática destas datas.

Este programa desenvólvese do 22 ao 31 de decembro e do 2 ao 7 de xaneiro, agás festivos, no Conservatorio Municipal de Música ‘Enrique Paisal’.

O edil tamén incidiu en que “este espazo reúne mellores condicións para o día a día dos máis pequenos, especialmente agora no inverno, se ben seguiremos empregando o pavillón de xeito puntual para, por exemplo, as actividades deportivas.”

Deja un comentario