Tuesday 23 de December de 2025

Campaña Merca en Miño, no comercio local gañamos todos


O Concello de Miño reforza o seu compromiso coa promoción da economía local a través da campaña «Merca en Miño, non comercio local gañamos todos».
Co obxectivo de incentivar aos consumidores para realizar as súas compras nos establecementos do municipio, o Concello lanzou un vídeo promocional que busca concienciar sobre a importancia de consumir na propia localidade e, deste xeito, apoiar ao comercio de proximidade.

Así mesmo, no marco desta iniciativa, instaláronse catro paneis informativos cun rueiro urbano no que se recollen todos os negocios de Miño que ofrecen atención ao público, facilitando así a súa localización e visibilidade.

Deja un comentario