Alternativa votou a favor, no pleno da Deputación de A Coruña, do proxecto para a mellora da intersección en DP 0102, Lema a Orto (á altura do Centro Social de Riveiriña) incluído dentro do Plan de Inversións en Vías Provinciais 2025.
Esta actuación foi reclamada en numerosas ocasións polo grupo municipal de Alternativa en Cambre, ao tratarse dun cruce con elevado volume de tráfico e cun historico de accidentes que o converten nun punto especialmente perigoso tanto para vehículos como para peóns.
O orzamento destinado á obra será de 243.274,96 euros, dos cales 30610.32 euros destinaranse ás expropiacións necesarias para a execución da obra. Unha vez rematada a fase de expropiacións o proxecto será sometido a exposición pública durante un prazo de dez días mediante a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, paso previo á súa aprobación definitiva.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.