• O alcalde, José Manuel Mato, quixo agradecer “as facilidades outorgadas tanto á Administración local como á parroquia por parte de José Manuel Cotelo Amado, antigo propietario do terreo.”
O Concello de Ponteceso rubricou o acordo mediante o cal Nemeño contará con tres novas infraestruturas para uso e desfrute da veciñanza: o Campo da Festa, unha área recreativa e un aparcadoiro público.
Trátase dunha finca rústica cunha superficie de 3.200 metros cadrados que linda ao oeste co camiño da Igrexa de Nemeño, valorada en 19.200 euros e nun acordo asinado entre o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e o antigo propietario, José Manuel Cotelo Amado.
O alcalde, José Manuel Mato, quixo agradecer “as facilidades outorgadas tanto á Administración local como á parroquia por parte de José Manuel Cotelo Amado, antigo propietario do terreo”, subliñou.
Mato incide en que “esta infraestrutura era unha demanda da veciñanza de Nemeño que vén de lonxe e agora é unha realidade. Coa maior celeridade posible comezaremos a traballar para adecuar a contorna e que esta nova visión da parroquia de Nemeño se convirta no que a xente merece”. O rexedor tamén sumou aos seus agradecementos “o desempeño do noso alcalde de Barrio de Nemeño, Rafa, persoa importante para que este proceso se levase a cabo.”



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.