Monday 22 de December de 2025

Seis prestixiosas corais da Coruña protagonizarán o martes 23 no Palacio da Ópera o Certame de Música de Nadal


Santo Ángel, Sagrada Familia, Sancta María Maris, Sporting Club Casino, Acorde Secreto e Coral Polifónica Follas Novas actuarán nun concerto con acceso de balde

O Concello da Coruña organiza, un ano máis, o Certame de Música de Nadal Cidade da Coruña, que chega este 2025 á súa edición número 34. O certame, coordinado pola Coral Polifónica Follas Novas, celebrarase o martes 23 a partir das 20.00 horas no Palacio da Opera, con acceso de balde ata completar capacidade.

Esta iniciativa, impulsada pola Coral Polifónica Follas Novas, forma parte das celebracións clásicas destas datas festivas na Coruña, e “pon en valor a tradición das corais e agrupacións culturais con arraigamento na cidade, unha tradición que o Goberno de Inés Rey quere visibilizar e achegar ao máximo á cidadanía, cunha perspectiva interxeracional con vistas ao futuro”, subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Neste sentido, o concerto deste martes contará co protagonismo de seis corais de recoñecido prestixio e percorrido na historia da cidade: son Santo Ángel, Sagrada Familia, Sancta María Maris, Sporting Club Casino, Acorde Secreto e Coral Polifónica Follas Novas.

Deja un comentario