Friday 19 de December de 2025

Un centenar de veciños participan na Merenda de Nadal dos Maiores de Neda


Os maiores de Neda comezaron o Nadal, unha vez máis, da forma máis doce e animada posible. Un centenar de persoas sumáronse esta tarde á tradicional merenda, organizada polo Concello, a modo de anticipo das festas. Unha boa escusa para animar aos veteranos da vila a saír da casa nunhas datas que, para moitos, son sinónimo de melancolía. Na cita, os veciños participantes tiveron ocasión de degustar, ademais do típico roscón, un saboroso chocolate con churros. Tampouco falaron nin o baile, amenizado por Alejandro Caribe, nin o sorteo de agasallos.

Deja un comentario