Friday 19 de December de 2025

Éxito da mostra de artes escénicas da Asociación Ambar en Artes


O Centro Recreativo de Artes foi o escenario este venres dunha xornada cargada de emoción e talento. Elas, O grupo de Artes Escénicas da Asociación Ambar, presentou a súa Mostra Aberta, unha cita na que o público puido ser partícipe no traballo creativo e o esforzo realizado polas súas integrantes nos últimos meses.

O proxecto, dirixido por Julia Sueiro e ca colaboración de COGAMI, encheu o Centro Recreativo de Artes de creatividade e inclusión. A mostra serviu para visibilizar o traballo das integrantes do grupo e reivindicar a arte como ferramenta de transformación social. Non só foi unha exhibición artística, senón un espazo de apoderamento para as mulleres con diversidade funcional que forman o grupo.

Dende a Asociación Ambar quixeron destacar a importancia de tecer redes para facer realidade estes proxectos. Neste sentido, agradeceron ó público a súa asistencia xa que a colaboración foi fundamental para o desenvolvemento desta iniciativa de artes escénicas. Así mesmo, agradeceron a hospitalidade do Centro Recreativo e Cultural de Artes por ceder as súas instalacións e ser parte activa da inclusión cultural da comarca.

O éxito de asistencia e a calor dos aplausos recibidos hoxe confirman a necesidade de seguir apostando por espazos onde a diversidade sexa celebrada.

Deja un comentario