Finalmente foron 25 os alumnos de ESO do IES Número 1 os que achegaron este mediodía ao Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira para contemplar a exposición 15×20 Mate conmemorativa dos 60 anos de Lesmes Fotógrafos.
Lesmes Iglesias foi quen exerceu de guía de excepción do encontro, explicando aos rapaces e rapazas o contido desta mostra integrada por 105 fotografías representativas da historia de Riveira ademais de cámaras antigas e outros artiluxios da era analóxica. Os estudantes estiveron divididos en dous grupos.
A exposición poderá ser visitada aínda ata o 23 de abril.