Friday 19 de December de 2025

Visita Reis Magos aos coles de Neda


No último día de clases antes das vacacións de Nadal, o alumnado dos coles públicos de infantil e primaria de Neda tivo unha visita do máis especial, a dos Reis Magos de Oriente. Como vén sendo habitual, convidados polo Concello, Melchor, Gaspar e Baltasar viaxaron ata a localidade para ter un primeiro encontro cos nenos e nenas da localidade, descubrir se traballaran e se portaran ben nas aulas, e recoller as primeiras cartas con peticións. Deixámosvos unas imaxes do paso das SS. MM. polo CEIP San Isidro, o CEIP Maciñeira e a Escola infantil municipal. En pouco máis de dúas semanas volven cargados de regalos.

Deja un comentario