Friday 19 de December de 2025

Papá Noel instálase na casiña de madeira da Praza do Concello despois de anunciar a súa visita por videoconferencia aos nenos e nenas de Carballo


Papá Noel chegará mañá sábado a Carballo para instalarse na casiña de madeira colocada pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo na Praza do Concello. O departamento municipal conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto para que Papá Noel estea durante uns días en Carballo acompañado polos seus elfos e reciba aos nenos e nenas na fermosa casa de madeira chegada directamente de Laponia. Estes son os horarios:

• Do 20 ao 23 de decembro: de 17:30 a 20:30 h.
• Mércores, 24 de decembro: de 11:00 a 14:00 h

Papá Noel xa lles adiantou aos nenos e nenas a súa visita a Carballo nas videoconferencias que mantivo nos últimos días con eles na Aula CeMIT da Consellería de Innovación. Entre o 10 e o 18 deste mes pasaron pola instalación case 150 escolares dos centros A Cristina, Xesús San Luís Romero, Lenda Educativa e Fogar. Coincidindo coa visita destes últimos tamén se achegaron ata a Aula CeMIT, situada no primeiro andar do Pazo da Cultura, o alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.

Deja un comentario