· Sandra Insua recibirá a Papá Noel na Casa do Concello antes de comezar a Cabalgata, con inicio previsto para as 11:00 horas.
O mércores 25 de decembro Papá Noel chegará a Camariñas para visitar a todos os nenos e nenas do municipio, facendo na súa carroza unha Cabalgata única na comarca que o levará a percorrer todas as rúas do municipio.
A recepción na casa do concello, por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, terá lugar ás 11:00 horas e a partir de aí, desde a Praza da Insuela, comezará o seu itinerario, que está previsto que remate pasadas as 18:30 horas.
Cabe destacar que os horarios son estimados, dependendo da climatoloxía e do que o afamado persoeiro chegado desde Laponia se deteña en cada lugar.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.