Friday 19 de December de 2025

O certame literario Descubrindo Oleiros chega á súa XII edición


Xa está aberto o prazo de presentación de relatos para a XII edición do Premio literario Descubrindo Oleiros .

O certame literario organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros é xa toda unha tradición, chegando á súa doceava edición este ano.

Poderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, mozas e mozos de 16 e 17 anos e persoas maiores de 18 anos empadroadas/os ou escolarizadas/os no Concello de Oleiros, establecéndose 6 categorías:

Categoría 1: alumnado de 3º e 4º de primaria
Categoría 2: alumnado de 5º e 6º de primaria
Categoría 3: alumnado de 1º e 2º de ESO
Categoría 4: alumnado de 3º e 4º de ESO
Categoría 5: mozas e mozos de 16 e 17 anos
Categoría 6: persoas maiores de 18 anos

Os relatos estarán ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Deben ser inéditos e que non fosen premiados en ningún outro concurso e non estean pendentes de fallo noutros premios.

O prazo para a presentación dos relatos estará aberto ata o 19 de xaneiro de 2026. No caso de obras que concorran ás categorías 1 a 5, poderán ser entregadas en cada centro de ensino (que as entregará ao SNL ao remate do prazo) ou ben no rexistro de entrada sito no edificio A Fábrica; rúa do Inglés, nº 13; 15172, Perillo, Oleiros, dirixirase ao Servizo de Normalización Lingüística.
No caso de obras que concorran á categoría 6 (persoas adultas), deberán presentarse en todo caso no devandito rexistro de entrada.

As persoas interesadas poden consultar as bases do certame no Boletín Oficial da Provincia nº 242 publicado o 18 de decembro ou na seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/18/2025_0000008386.pdf

O Concello de anima a toda a cidadanía a participar neste certame para coñecer un pouco máis o noso Oleiros singular.

Deja un comentario