Thursday 18 de December de 2025

O teatro As Torre de Santa Cruz acolleu a entrega de premios ás persoas máis lectoras das bibliotecas municipais


As persoas máis lectoras das bibliotecas municipais de Oleiros recibiron o seu galardón esta tarde no Teatro As Torres de Santa Cruz. Os premios consisten en tarxetas regalo de diferentes importes segundo sexa 1º, 2,º ou 3º premio. Estas tarxetas serán válidas para compra de libros, materiais informáticos, audiográficos ou videográficos.
Establecéronse 4 categorías por idades e 3 premios para cada unha delas. Na Categoría 1(menores de 6 anos) os galardóns foron para Olivia e Noemí Sexto Pardo (1º premio), Inés Fraga Miragaya (2º premio) e Ana María Vázquez Lambrador (3º premio).
Na categoría 2 (de 6 a 10 anos) os premiados foron Leo García Formoso (1º premio), Naila Rodríguez Valcuende (2º premio) e Alba Pol López (3º premio).
Na categoría 3 (de 11 a 17 anos) destacaron Elba París Jácome (1º premio), María Susana Barreiro Mantiñán (2º premio) e Nicolás Blanco Liquete (3º premio).
Na categoría de adultos (+ 18 anos) os premiados resultaron Isabel Martínez Ozón (1º premio), Rafael Jácome Salgado (2º premio) e María Julia López Ameijeiras (3º premio).
O acto finalizou coa actuación de Dani Blanco e o seu espectáculo CIRCO NA BIBLIOTECA.
O Concello de Oleiros seguirá a fomentar o hábito da lectura entre toda a poboación, especialmente nas crianzas, a través de distintos programas culturais desenvoltos nas bibliotecas e outras instalacións municipais como eixo vertebrador dunha sociedade culta e libre.

Deja un comentario