Todo indica que o auditorio do Pazo da Cultura quedará pequeno para a gala dos I Premios do Deporte Concello de Carballo, porque a falta de pouco máis de 24 horas para a súa celebración xa está confirmada a presenza de máis de trescentas persoas. Os galardóns convocados por iniciativa do Consello Deportivo Municipal, do que forman parte todos os grupos políticos da corporación e entidades designadas polo movemento asociativo, levantan moita expectación desde o primeiro momento, como demostrou o feito de que se presentasen 50 candidaturas e como confirma o elevado número de asistentes.
As portas do auditorio abriranse ás 19.45 horas, 15 minutos antes do inicio da gala, na que exercerá como mestre de cerimonias o xornalista de orixe carballesa Luis Fraga. O evento converterase nun acto de proxección do rico e variado deporte carballés e tamén nun encontro de convivencia entre as diferentes modalidades deportivas.
Haberá música, xa que contaremos co grupo de violíns do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo e coa voz Marta Méndez, que cantará unha peza acompañada ao piano por Sergio Castellanos. Pero, sobre todo, haberá moito deporte. Porque ademais da exhibición que ofrecerán as ximnastas de Rítmica Carballo, polo escenario do Pazo da Cultura desfilarán as cincuenta persoas e entidades propostas para os I Premios do Deporte Concello de Carballo.
• Mellor deportista promesa carballesa: Sara de Jesús Añón, de Rítmica Carballo; Daniela García Rey, de Karate-Do; Lucía Ngnipa Nintedem, de Balonmán Xiria, e Nerea Suárez Pose, do Club Ciclista Carballo.
• Mellor deportista promesa carballés: Van Tien Velo Calo, do Karate-Do Carballo; Tesfaye Chao Rama, de Atletismo Narón; Anxo Fuentefría Fernández, da A.D. Fogar; Jaime Iglesias Carracedo, do Compañía de María Hóckey; Joel Negreira, da S.D. Sofán, e Brais Pensado Albertí, do Sysca.
• Premio á institución ou entidade máis distinguida pola súa colaboración co deporte carballés: Fundación Luis Calvo Sanz e Garaysa.
• Premio Carballo Deporte: A.D. Fogar, Un Paso Máis, Awen Fútbol, Rítmica Carballo e Escolas Balonmán Xiria.
• Premio Pedras Brancas: Bergantiños Feminino, o conxunto alevín promoción do Club Rítmica Carballo, o equipo absoluto masculino do club Sysca, o Garaysa Show de Escola Lubiáns, o Energimac Escola Lubiáns e o Escola Lubiáns Sénior Liga Ok Bronce.
• Vida dedicada ao deporte: Manuel Cantelar Varela, que foi xogador de baloncesto en cadeira de rodas durante 27 anos e fundador da Agrupación Deportiva Un Paso Máis; José Manuel Ferreiro Negreira, redactor deportivo en varios medios de comunicación locais; José Carlos Mancebo Porteiro, presidente fundador da Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude; Mariano Muñiz Regueira, ex xogador, adestrador e delegado do Bergantiños FC; Gema Paz Bello, profesora de Educación Física no IES Alfredo Brañas durante máis de corenta anos e fundadora-presidenta da Agrupación Deportiva Xiria, e Agustín Trigo Vitureira, cunha traxectoria moi destacada no taekwondo e impulsor desta arte marcial no noso concello.
• Premio Arsenio Iglesias: Pastor Antonio Carracedo Muiño, do Club Taekwondo ITF Carballo; Arturo Ferraces Martínez, da Escola Basket Xiria; Héctor García Soto, da Agrupación Deportiva Fogar; Carla Jove Filgueiras, do Club Rítmica Carballo; Jorge Lamas López, da Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe; Diego López Rey, de SYSCA, e Sergio Quintela Díaz, da FESSGA (Federación Galega de Salvamento e Socorrismo).
• Mellor deportista carballés: Manuel Carracedo Trigo, do Club Taekwondo ITF Carballo; Rubén Castro Andrade, do Molins Team Kick Boxing; Alejandro Felpeto Gesto, do Karate-Do Carballo; Xan Lamas Serrano, do Club Nauga; Mateo Pallas, do Cangas Frigoríficos del Morrazo; Tomás Pombo Álvarez, do CC Padronés Cortizo-Movistar Team Academy UCI; Andrés Prieto Villar, da Agrupación Deportiva Fogar; Javier Ramilo Queijo, de Yacar Racing, e Iván Amor Torres Louzao, do Gestión y Calor Córdoba.
• Mellor deportista carballesa: Ruth Fuentefría Sánchez, de Halterofilia Coruña; Andrea Goimil Liñares, do Sysca; María Rey Villar, da Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe; Elena Vázquez Brandón, do Deportivo da Coruña, e Lucía Velo Garda, do Hóckey Club Raxoi.
Á gala de entrega dos I Premios do Deporte asistirán o alcalde, Daniel Pérez; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro, e representantes de todos os grupos da corporación municipal, así coma do Consello Deportivo Municipal, do que partiu a iniciativa dos galardóns. Tamén está confirmada a asistencia de representantes da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, así coma de varias federacións deportivas galegas e do movemento asociativo carballés.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.