Thursday 18 de December de 2025

O concello presenta á Xunta de Galicia un novo proxecto de obradoiro dual de emprego


Tería unha duración de 9 meses e contaría con 20 alumnos traballadores en dúas especialidades.

Na procura de continuar desenvolvendo políticas activas de emprego e ofrecer á veciñanza oportunidades para mellorar a súa empregabilidade e formarse en sectores con demanda de traballadores cualificados, o Concello presentará á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración un novo proxecto de obradoiro dual de formación e emprego. Así foi acordado na última Xunta de Goberno Local.
Este novo obradoiro, que para que poida levarse finalmente a cabo dependerá da concesión da subvención solicitada, tería unha duración de nove meses e constaría de dúas especialidades: a de carpintería e a de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
O orzamento do proxecto supera os 673.000 euros. A proposta do Concello é que cada unha das dúas especialidades conte con dez alumnos-traballadores, vinte persoas que quedaría vinculadas ao Concello cun contrato de formación e que durante os nove meses, ademais de aprender a profesión, realizarían actuacións de interese xeral para a veciñanza.

Deja un comentario