Monday 25 de November de 2024

O Concello de Brión organiza un roteiro polos sendeiros do Monte Pindo e da Fervenza do Ézaro para o sábado 23 de abril


O Concello de Brión organiza a súa terceira ruta de sendeirismo da temporada, que terá como destino dous dos máis fermosos enclaves naturais da provincia: o Monte Pindo e a Fervenza do Ézaro. Trátase dunha andaina de 22 quilómetros de dificultade media polos sendeiros do Monte Pindo e da Fervenza do Ézaro, no municipio de Dumbría, que terá lugar o sábado 23 de abril.

O Concello de Brión oferta 52 prazas, que serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08 (ata as 14:00 horas do xoves 21 de abril). A cota de participación é de 10 euros por persoa. O autobús sairá da Carballeira de Santa Minia ás 08:30 horas para conducir aos participantes cara ao lugar de inicio da marcha pedestre, que se prolongará durante toda a mañá e parte da tarde, polo que hai que levar almorzo tipo pícnic.