Tuesday 16 de December de 2025

Fin de semana de danza no García Márquez


O vindeiro venres 19 e sábado 20 de decembro o auditorio Gabriel García Márquez acollerá dous espectáculos de danza das Escolas Municipais, Unha viaxe pola antiga Grecia do alumnado de danza clásica e a Función de Nadal do alumnado de lyrical e danzas urbanas.

O venres 19 de decembro ás 19:00 horas terá lugar a representación de Unha viaxe pola antiga Grecia interpretada polo alumnado de danza clásica da escola Municipal de Danza.

O sábado 20 de decembro ás 12:00 horas será a quenda alumnado de lyrical e danzas urbanas que deleitará ao público asistente coa súa función de nadal.

Estes espectáculos forman parte das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar a danza como expresión cultural e artística ademais de seren estas ferramentas para a convivencia.

Deja un comentario