O vindeiro luns 22 de decembro ás 18:00 horas, o teatro As Torres de Santa Cruz acollerá o concerto infantil Cantaxoga de Migallas Teatro.
“Cantaxoga” é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo” acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.
Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica…
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.