Sunday 14 de December de 2025

A Xunta apoia a VIII Exaltación do Berberecho de Noia, emblema gastronómico e motor económico da ría


A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este domingo na VIII edición das Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, organizada pola confraría de pescadores San Bartolomé, e que supón un auténtico escaparate dun dos produtos máis valorados da ría e un piar esencial para e a economía local.

O evento reunirá así a profesionais do mar, restauradores, produtores e visitantes ao redor deste molusco, recoñecido pola súa calidade excepcional, o tamaño e sabor singular, froito dunhas condicións naturais únicas e da xestión do banco marisqueiro. É, por elo, que Villaverde felicitou aos promotores cualificando a cita de “oportunidade única para reivindicar tamén o traballo dos mariscadores, reforzar a identidade desta comarca e toda a actividade vinculada ao mar”. Os fondos recadados destinaranse a entidades sen ánimo de lucro como Cáritas e a Cruz Vermella.

Deja un comentario