Todos eles veñen de ser galardoados cos premios Fin de carreira de artísticas superiores e extraordinarios na modalidade de artísticas profesionais polo seu bo aproveitamento académico
Unha ducia de estudantes de ensinanzas artísticas veñen de acadar os premios da Xunta de Galicia que recoñecen o seu desempeño excelente. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores e dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño.
No caso dos galardóns de fin de carreira, recoñecen o labor do alumnado que rematou brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2024/25, nos centros públicos dependentes da Xunta de Galicia.
Tal e como recolle a orde de convocatoria, as persoas premiadas reciben unha dotación económica de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción, certificando que se trata do estudante que conta co mellor expediente académico de entre os solicitantes.
A listaxe de beneficiarios é a seguinte:
Concello Centro Estudante Modalidade Especialidade
Vigo Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Sophia Fernández Rodal Arte Dramática Interpretación
Pontevedra Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia Susana Quintás Rocha Conservación e Restauración de Bens Culturais Escultura
Lugo Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón Mateo Cabo Iglesias Deseño Interiores
Lugo Escola de Arte e Superior
de Deseño Ramón Falcón María Esther López Álvarez Deseño Gráfico
A Coruña Conservatorio Superior de Música da Coruña Andrea Lafuente Carballeda Música Interpretación (piano)
Vigo Conservatorio Superior de Música de Vigo Manuel Muñiz Pintos Música Interpretación (piano)
No que atinxe aos premios extraordinarios, distinguen o traballo do alumnado que finalizou as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2024/25. Para acceder a estes galardóns, os candidatos debían ter unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos. De acordo co establecido na convocatoria, os estudantes premiados reciben un galardón de 1.000€ e un diploma acreditativo.
A listaxe de estudantes beneficiarios é a seguinte:
Concello Centro Estudante Ámbito Especialidade
A Coruña Conservatorio Profesional
de Música da Coruña Laura Ros Sanz Música Violoncello
Santiago de Compostela Centro Autorizado de Música Profesional Contrapunto Histórico de Santiago Anxo Gómez Piñeiro Música Violín
A Coruña Conservatorio Profesional
de Música da Coruña Mateo Rey Edreira Música Piano
Lugo Conservatorio Profesional
de Danza de Lugo Samuel López Legaspi Danza Danza contemporánea
Ourense Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde Mar González Alonso Artes plásticas e deseño Ilustración
Santiago de Compostela Escola de Arte e Superior
de Deseño Mestre Mateo Carlota Cao Boluda Artes plásticas e deseño Xoiaría artística



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.