Ruth Fuentefría Sánchez, de Halterofilia Coruña; Andrea Goimil Liñares, do Sysca; María Rey Villar, da Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe; Elena Vázquez Brandón, do Deportivo da Coruña, e Lucía Velo Garda, do Hóckey Club Raxoi, son as cinco candidatas aos I Premios do Deporte Concello de Carballo na categoría de mellor deportista carballesa.
O Consello Deportivo Municipal, integrado por representantes de todos os grupos políticos da corporación e do asociacionismo deportivo, recibiu un total de 50 candidaturas para as nove categorías dos Premios do Deporte, que serán entregados nunha gala pública que se celebrará o venres 19 de decembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.