Sunday 14 de December de 2025

A Xunta participa no primeiro Xantar en Homenaxe aos Maiores do concello de Laxe


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe na I Xuntanza do Maior que organiza o concello de Laxe. O encontro contou coa presenza de decenas de persoas que aproveitaron a fin de semana para pasar esta xornada de lecer en compañía.

Deste xeito, Perfecto Rodríguez agradeceu a invitación a este festexo e felicitou ao concello por impulsar esta homenaxe aos maiores e por compartir unha filosofía que aposta polo benestar e o envellecemento activo, promovendo actividades de ocio e fomentando a socialización da veciñanza.

Deja un comentario