Saturday 13 de December de 2025

A Xunta destaca o impulso á promoción do patrimonio marítimo na II Xornada da Cultura Mariñeira de Ortigueira


O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, participou hoxe na II Xornada Mariñeira da Pesca ao Deporte. Pequen@s Mariñeir@s de Ortigueira, un evento promovido polo Concello e apoiado pola Xunta que reuniu a máis de 200 pequenos remeiros en actividades deportivas e divulgativas arredor do mar. Alí, o responsable autonómico puxo en valor o papel do deporte náutico e da cultura mariñeira como ferramentas para conectar ás novas xeracións coa identidade litoral da comarca.

A xornada combinou regatas infantís, exhibicións de embarcacións tradicionais, música e actividades divulgativas, consolidándose como unha cita de referencia para divulgar o patrimonio mariñeiro local. O director xeral reafirmou o compromiso da Xunta no apoio a eventos que, como este, contribúen a manter viva a tradición mariñeira e a reforzar o futuro do sector mediante a participación activa da cidadanía máis nova.

Deja un comentario