Participará David Cernadas, campión galego de xadrez 2018
O xadrez protagonizará a actividade da Casa da Xuventude de Ribeira no luns, 22 de decembro, cun torneo de simultáneas organizado pola Concellería de Xuventude e o Club Deportivo Marquiño.
Participará David Cernadas Cameán, primeiro taboleiro do C.D. Marquiño e campión galego de xadrez no 2018. O encontro desenvolverase en dúas roldas: a primeira será ás 17.00 horas, mentres que a segunda terá lugar ás 18.00 horas. Segundo explica a concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, “achégase á Casa da Xuventude unha actividade máis coa que seguir dinamizando este espazo como punto de encontro da rapazada ofrecendo alternativas de ocio. Con anterioridade celebrouse unha xornada de xogos de mesa e agora traemos o xadrez; unhas propostas que melloran habilidades como a memoria, a atención, a capacidade estratéxica ou a aplicación de tácticas, entre outros.”
Máis información e inscricións a través do enderezo electrónico xadrezbretema@gmail.com.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.