Alternativa anima a participar na terceira manifestación convocada o vindeiro xoves 18 de decembro ás 13.00 horas, na DP-0105, ao carón do hotel Luso.
Este novo trazado, ademáis da supresión do baipás de Infesta, provocaría un impacto significativo sobre o territorio, o urbanismo e a calidade de vida da veciñanza de Cortiñan.
A zona de servidume do novo trazado ferroviario mutila urbanismo dunha área xa urbanizada e restrinxe futuras construccións. Hipotecaríase esta zona polo aforro de 6 min de traxecto en tren nunha viaxe de 1h e 15 min, cando por estrada leva 30 minutos.
O goberno local defenden unha planificación con visión global do trazado, considerando que esta actuación tan puntual non ten sentido. Polo que presentaron un recurso formal propoñendo unha alternativa que afastaría o trazado da zona urbana e orientaríase cara a área industrial (afectandoa minimamente). Esta opción ademáis de reducir o número de viaductos e expropiacións, tamén minimizaría o impacto económico e os prexuizos para a veciñanza de Cortiñan.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.