Friday 12 de December de 2025

A Feira Doce de Nadal celebra a súa segunda edición con 16 expositores e un amplo programa de actividades paralelas


Despois do éxito da Feira de Artesanía, a carpa da Praza do Concello volverá encherse de vida esta fin de semana, porque chega a segunda edición da Feira Doce con 15 expositores e un amplo programa de actividades paralelas.

Panadaría A Milagrosa, Panadaría Serrano, PanIgnacio, Panadaría Roiser, Confitería San Luis, Zuccaro, Chisco Ramos, Mmmm Xeados!, Arte Cachito, Terra Meiga, Pan con Chocolate, Garrapiñadas Juan e Paty, Break Time Churrería María, Cafés Lúa e Alimentación Rubio, que porá o toque salgado, protagonizan a feira máis sabedora do Nadal, que se celebrará esta fin de semana. O sábado estará aberta de 11.00 a 14.30 e de 15.00 a 21.00 horas, e o domingo, de 11.00 a 15.00 horas.

Pero ademais de poder mercar panettone, roscón de Reis, turrón, polvorón e unha chea de doces máis, a Feira Doce chega cargada de actividades complementarias. Bótalle unha ollada ao programa:
Sábado 13
11.00 h – Apertura da carpa
12.00 h – Obradoiro de repostaría para nenos/as de 6 a 8 anos (15 prazas)
13.30 h – Sesión vermú co grupo Blues do País
14.30 h – Peche
17.00 h – Apertura. Durante toda a tarde, por cada compra entregarase un vale para un cucurucho de castañas (ata fin de existencias)
17.30 h – Visita do paxe real e recollida de cartas para os Reis Magos
18.00 h – Obradoiro de pintura con Isa Bermúdez, para nenos/as de 8 a 14 anos (10 prazas)
21.00 h – Peche

Domingo 14
11.00 h – Apertura da carpa
12.00 h – Obradoiro de repostaría para nenos/as de 9 a 12 anos (15 prazas)
12.00 h – Cantos de Nadal na carpa, no mercado e na rúa Coruña. Actuarán as agrupacións Nemeth, Escola do Alprende e Coral Polifónica de Bergantiños
12.00 h – Obradoiro de roliños de Nadal para nenos/as a partir de 6 anos (12 prazas)
13.30 h – Sorteo dunha cesta de Nadal con produtos doces
13.30 h – Sesión vermú co grupo Ukestra do Medio
15.00 h – Clausura

As inscricións para os obradoiros realizaranse media hora antes de cada obradoiro, ata completar as prazas. Máximo 1 praza por cada persoa adulta.
Os/as nenos/as terán á súa disposición un recuncho lúdico, con pinturas e recortables, durante toda a fin de semana.

Deja un comentario