Saturday 13 de December de 2025

Instalado na Biblioteca de Neda o Buzón Real para que os nenos envíen as súas cartas aos Reis Magos


Como é tradición, os Reis Magos de Oriente veñen de enviar a Neda o seu Buzón Real. Dende hoxe e ata o 5 de xaneiro, os máis pequenos da casa poderán deixar as cartas, coas peticións de regalos, para as Súas Maxestades na Biblioteca municipal. Os paxes reais encargaranse de recoller a correspondencia manuscrita.
A iniciativa trata de facilitar o traballo de Melchor, Gaspar e Baltasar, cuxa actividade se intensifica estes días, para que poidan coñecer a tempo as peticións e desexos dos nenos e nenas nedenses. O espazo cultura está aberto de luns a venres, de 9 a 13 e de 17 a 20 horas. O Concello aposta desta forma por manter viva unha tradición que reúne ilusión e participación cidadá.
A instalación do Buzón Real, o acendido a pasada noite da iluminación ornamental, marcan o arranque da celebración do Nadal en Neda, que tivo como prólogo o habitual Rastrillo solidario das Amas de Casa. Nestas datas, como sempre, o público infantil será o gran protagonista.

Deja un comentario