De forma rotatoria e alterna, o Concello está a organizar bailes para persoas maiores os sábados nas Casas do pobo. O próximo será este sábado día 13, na Casa do Pobo de Iñas, desde as 17:00 horas.
Actuará o Dúo Matices e o baile finalizará ás 20:00 horas. A actividades está dirixida aos veciños e veciñas de Oleiros maiores de 65 anos e o acceso será libre e gratuíto, sen necesidade de ningún tipo de inscrición previa.
Para ampliar as posibilidades de entretemento e diversión, o Concello aposta por esta iniciativa para fomentar a convivencia e combater a soidade.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.