Os obxectivos da proba son, entre outros, fomentar a cultura mariñeira; poñer en valor e impulsar o deporte autóctono galego do remo en banco fixo; promover hábitos de vida deportivos e saudables na infancia; aunar tradición Mariñeira , deporte , folklore , natureza e convivencia; preservar , dar a coñecer e difundir o patrimonio marítimo cultural; potenciar accións preventivas na infancia e favorecer a igualdade.
Na xornada participarán máis de 200 nenos/nenas remeiros e 42 equipos de batel. Así, entre os clubs participantes están o Club Remo Ares, o Club Remo Cabo de Cruz, o Club Remo A Cabana Ferrol, o Club Remo Celeiro e o Club Remo Mugardos.
A proba está organizada pola Confraría de Pescadores de Espasante (Ortigueira) e conta coa colaboración do Concello de Ortigueira, Xunta de Galicia, Unión Europea, Federación galega de Remo, Remo Revolución Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa, Club Remo Celeiro, Armadores Hermanos García Yáñez e Juan García Pesca.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.