Thursday 11 de December de 2025

López Campos gaba o “traballo da Fundación Camilo José Cela no impulso da nosa lingua e cultura”


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, gabou “o traballo da Fundación Pública Camilo José Cela no impulso da nosa lingua e cultura mediante a investigación e proxección da obra e figura do Nobel galego”. Fíxoo hoxe na xuntanza ordinaria do Padroado desta institución, na que tamén se abordaron as actividades previstas para 2026.

 

Neste senso, a programación “consta dun marcado carácter literario, transversal, innovador e educativo á altura dun premio Nobel”, tal e como explicou o representante do Cultura do Goberno galego, na que destacou as actividades relacionadas coa literatura de viaxes, a celebración da efeméride dos 75 anos da publicación de La colmena e a difusión de facetas menos coñecidas do autor como a de pintor e coleccionista de artes plásticas ou escritor de obras de teatro.

Deja un comentario