Thursday 11 de December de 2025

Alternativa insiste en coñecer os avances no proceso do Plan Xeral


Alternativa preguntou respecto ao anuncio feito polo goberno municipal o pasado mes sobre os avances nas contratacións de persoal técnico en urbanismo para “reavivar” o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

A resposta por parte do goberno municipal aínda non chegou, a pesar do compromiso adoptado no pasado pleno, de informar sobre o procedemento a toda a corporación por escrito.

Coñecer a previsión para a cobertura das dúas prazas de arquitectos e da creación dunha bolsa de arquitectos técnicos é un dos punto clave para poder avanzar no PXOM e tamén axilizar expedientes urbanísticos.

Dende Alternativa seguirá demandando que o PXOM sexa unha prioridade municipal, porque son moitas as problemáticas derivadas do seu bloqueo.

Deja un comentario