Thursday 11 de December de 2025

Concello e Xunta sumaron esforzos para mellorar a eficiencia enerxética do campo do Vizoño


· O alcalde, José Antonio Santiso, recibiu á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, para comprobar o resultado das obras.

· As intervencións executáronse a través dunha axuda do Fondo de Cooperación Local do organismo autonómico de 60.000 euros.

O alcalde, José Antonio Santiso, e o concelleiro de Urbanismo, Alberto Seoane, recibiron á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, para comprobar o resultado das obras realizadas no campo de fútbol do Vizoño. Trátase dunhas intervencións que o primeiro edil valorou como “esenciais para seguir avanzando en materia de eficiencia enerxética” e que foron posibles “grazas ao apoio do organismo autonómico”, apuntou o rexedor. Así, o proxecto realizouse a través dunha axuda de Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia de 60.000 euros, unha contía coa que se substituíu a iluminación e as caldeiras da dependencia. No seu lugar, implantáronse outros elementos con novos sistemas e tecnoloxías máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.

As obras supuxeron a instalación de cinco proxectores LED en cada unha das catro torres existentes, distribuídos en tres unidades de 600 watts e dous de 900. Grazas a estas intervencións, alcanzouse un nivel de iluminación superior e uniforme en todo o terreo de xogo conseguindo unha maior eficiencia enerxética.

As obras incluíron tamén a implantación dun sistema de auga quente nos vestiarios. Esta nova rede funciona con enerxía aerotérmica e ten capacidade para cubrir a demanda actual dos usuarios e usuarias do campo de fútbol.

Estas actuacións supuxeron “non só mellorar ou estado dá instalación, senón tamén seguir apostando de xeito decidido polo coidado e ou respecto polo medio ambiente ao reducirse as emisións de CO2″, explicou Santiso.

Deja un comentario