O Concello de Ribeira organiza tamén para esta xornada animación musical e chocolate con churros
Ribeira continúa inmersa no Nadal e achega unha nova proposta, nesta ocasión, orientada á parroquia de Aguiño. A Concellería de Cultura organiza para o venres, 12 de decembro, ás 18.00 horas, a inauguración do belén municipal de Aguiño no adro da igrexa, onde o párroco bendicirá o nacemento.
Este día completarase tamén coa animación musical a cargo de Charanga Fanfarria Furruxa e o reparto de chocolate con churros entre as persoas asistentes ata esgotar existencias.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.