En pleno proceso de transformación cara unha Europa máis ecolóxica e máis resiliente, o Concello de Carballo aposta pola economía social como xeradora de oportunidades que nos permitan aproveitar o potencial do noso concello para desenvolver novos proxectos ligados á economía circular e a sustentabilidade.
Neste marco, Carballo acollerá esta semana dous eventos de especial relevancia: o xoves 11, a II Feira do Mercado Social, e o venres 12, o II Congreso Galicia é ESS, ámbolos dous organizados por REAS Galicia, a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, coa colaboración da Concellaría de Innovación, Formación e Emprego.
II FEIRA DO MERCADO SOCIAL
Despois da edición celebrada no ano 2021, Carballo acolle a II Feira do Mercado Social, que se celebrará na carpa da Praza do Concello e na que participarán Coop57 Galicia, Anxóuxeres, Cooperativa Nosa Enerxía, O espírito da colmea, ONG Por que no?, Íntegro, Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia, Fíos de Cores, Asociación Otras Narrativas, UPA Espazo Barefoot, Reas Galicia, Livegens, Vallelongo e Toxalriba, con postos de exposición e venda. E ademais desenvolverase este completo programa de actividades:
11.00 h. Apertura da feira.
13:00 h. Presentación do catálogo de Mercado Social da Coruña.
14:30 a 16:00 h. Pausa xantar.
16:00 h. Cata de chocolates de comercio xusto con Solidariedade Internacional de Galicia.
17:00 a 19:00 h. Ludoteca Sororas. Espazo para a rapazada con xogos e obradoiros.
17:00 a 19:00 h. Proxectos galegos de vivenda colaborativa: unha alternativa real á crise habitacional. Faladoiro para explicar en que consiste este modelo e coñecer de primeira man os casos que xa se están a materializar en Galicia. Participan: Margarida Vázquez, da cooperativa Outra Forma de Vivenda da Coruña; Carmela Cons, de Alvariza Colaborativas de Compostela; Helena Sanmede, de Agrelar Consultora; Ramón Fernández, de Hábitat Social S.Coop.G., e Iván Andrade, concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Fondos Europeos e Axenda Urbana.
19:00 h. Espectáculo de títeres e música O galo Quirico e os seus amigos, coa Cía. Seisdedos.
20:00 h. Peche da feira
II CONGRESO GALICIA É ESS
Ao día seguinte, o Fórum Carballo acollerá o II Congreso Galicia é ESS, unha iniciativa aberta a todas as persoas que compartan os valores da economía social e solidaria ou que queiran saber máis sobre este movemento.
Durante a xornada, compartiremos os saberes adquiridos e as leccións aprendidas e procuraremos inspiración noutras experiencias e noutros territorios para artellar, entre todas, un mercado social, solidario e certeiro. Con esa finalidade desenvolverase o seguinte programa.
10:00 h. Mesa de benvida:
• Representante da Deputación da Coruña
• Representante do Concello de Carballo
• María Paz de REAS Galicia
10:20 h. ESS: mudar a economía e mudar as lóxicas do mercado, con Ana Lorenzo de REAS Galicia.
Convidadas:
• June San Millán de REAS Nafarroa.
• Artemi Hernández de Red Anagos (Canarias).
11:30 h. Ambigú de comercio xusto e conexión.
12:00 h. Faladoiro: As aprendizaxes desde a traxectoria do Mercado Social en Galicia.
Participan:
• Zaida Calvo de Solidariedade Internacional de Galicia.
• Ángel Montero de Nosa Enerxía S.C.G.
• Antón Insúa de Coop57.
• Cándido Martínez da Rede de supermercados colaborativos.
• Marta R. Boo da asociación de Consumidoras e Usuarias Galegas (ACUGA)
13:30 h. Recollendo referentes para avanzar na construción dun mercado coas lóxicas da ESS. Dinámica participativa con 50pés.
Pausa xantar
16:00 h. Como avanzar na construción dun mercado coas lóxicas da ESS: Artellar un mercado social, solidario e certeiro. Dinámica participativa con 50pés.
17:30 h. REAScunchiño. Dinámica de presentacións breves de entidades e proxectos para a procura de colaboracións ou apoios nas vendas ou difusión. Con Raquel Doallo e Chus Caramés. (apúntate no formulario de inscrición)
18:30 h. Conclusións, avaliación e próximos pasos.
19:00 h. Clausura: Saúde e ESS!
ESPAZOS TRANSVERSAIS:
• Presentación do proxecto Recoñece a ESS: Conectando a Economía Social e Solidaria cos ODS.
• Vd. está aquí: liña do tempo da Rede galega de Economía Alternativa e Solidaria.
• Pensares a remollo, sentires a clareo.
Inscricións en: bit.ly/congresoESS25
Organiza : REAS Galicia.
Colabora: Concello de Carballo.
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.