O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron hoxe no acto institucional organizado pola Subdelegación do Goberno con motivo da conmemoración do XLVII Aniversario da Constitución Española.
Durante a súa asistencia, a delegada da Xunta subliñou “a importancia de preservar os valores de consenso, convivencia e unidade que fixeron posible a Constitución de 1978, un texto que continúa a ser a columna vertebral da democracia e das liberdades que hoxe gozamos”.
Destacou tamén que a Carta Magna “garante o funcionamento leal das institucións e o respecto ao Estado das Autonomías, que permitiu a Galicia avanzar en autogoberno, benestar e progreso social”. Nese sentido, puxo en valor o papel da colaboración institucional: “A cidadanía esixe de nós responsabilidade, cooperación e unha defensa firme dos principios constitucionais sobre os que se sostén a nosa convivencia”.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.