Friday 05 de December de 2025

Comezou o reparto das tarxetas “Rasca e Gaña” nos 37 establecementos adheridos a “Agasalla Comercio Local, Ten Premio”


O Concello destina 15.000 euros a esta iniciativa dirixida a dinamizar o sector, fidelizar a clientela e subvencionar as compras da cidadanía.

Desde hoxe e ata o vindeiro día 5 de xaneiro -ou ata esgotar existencias- os 37 establecementos comerciais adheridos ao programa municipal Agasalla comercio local, ten premio están a distribuír entre os seus clientes as tarxetas rasca e gaña por cada 10 euros de compra. Nesas tarxetas pódense obter premios directos consistentes en bonos de 10 euros para empregar en calquera dos negocios participantes (para descontar por cada 20 euros de compra), así como os agasallos que os propios establecementos achegaron voluntariamente. Ademais, as tarxetas non premiadas terán unha segunda oportunidade, xa que depositándoas nas urnas habilitadas nas bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión entrarán no sorteo final de agasallos (experiencia cultural, turística e gastronómica).

O Concello puxo en marcha un ano máis esta iniciativa co triplo obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade, fidelizar a clientela e subvencionar as compras da cidadanía durante o Nadal e as datas previas ás Festas. Neste ano a achega municipal increméntase nun 50 % con respecto aos anteriores, e alcanzará os 15.000 euros, xa que 1.500 das 15.000 tarxetas que se repartirán terán ese premio directo de 10 euros.

Toda a información do programa Agasalla comercio local, ten premio, incluíndo as datas chave, establecementos participantes e regalos directos, está dispoñible na web https://nadal.alaracha.gal/.

Deja un comentario