Friday 05 de December de 2025

Zavala e as Atalaias de Caión aterrarán Elma cun espectáculo de música electrónica e tradicional


· A actividade, que terá lugar o domingo 7 de decembro, está organizada pola área de Cultura da Deputación en colaboración co Concello.

Zavala e as Atalaias de Caión aterrarán este domingo, 7 de decembro, no Teatro do Cine Elma (ás 19.00 horas). Farano cun espectáculo no que mesturarán a música electrónica e a tradicional, ofrecendo ao público un cruce de camiños entre o enxebre e o contemporáneo. A actividade é gratuíta e o acceso é libre ata completar a capacidade da instalación.

Ao fío da celebración das Letras Galegas de 2025, dedicadas ás cantareiras, o grupo Zavala decidiu enriquecer a súa actuación coa participación das Atalaias de Caión. Zavala combina os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, creando sons contemporáneos que, por veces, dialogan co tradicional. Pola súa banda, as Atalaias de Caión son un grupo de pandeireteiras cuxo repertorio incorpora instrumentos de percusión tradicional como a pandeireta, o pandeiro cadrado, os pratos e as cunchas. A combinación entre ambos os estilos poderá verse este domingo, dando como resultado un espectáculo musical a camiño entre a tradición e a vangarda.

A actividade está organizada desde a área de Cultura da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello da Pobra.

Deja un comentario