O Lustres Rivas acolleu na tarde de onte a entrega de diplomas
A sala de usos múltiples do Centro Cultural Lustres Rivas acolleu na tarde de onte a entrega de diplomas correspondentes aos 16 cursos sobre novas tecnoloxías celebrados durante o primeiro trimestre do ano en seis parroquias do municipio: Aguiño, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Santa Uxía.
En total, foron 226 as prazas ofertadas (e cubertas na súa totalidade). Boa parte dos alumnos acudiron ao evento de onte, que contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira Fabiola García e Abel Alonso como axente TIC e docente.
Os cursos estiveron distribuídos nas seguintes temáticas: 4 de iníciate na informática, 1 de iníciate co móbil, 5 de sácalle máis partido ao teu móbil, 1 de retoque fotográfico, 1 de iniciación a follas de cálculo, 1 de iniciación a bases de datos, 2 de DNI electrónico e 1 de sácalle máis partido ao teu portátil.
Durante o acto, se fixo fincapé no substancial incremento tanto en cursos como en prazas en relación ao mesmo período do ano pasado, pasando de 13 a 16 cursos (un 23% máis) e de 161 a 226 prazas (un 40,37%).
Dende o Concello está previsto sacar unha nova convocatoria de cursos para os meses de maio a xuño.