Friday 05 de December de 2025

Ribeira acollerá a final galega do Nada e Corre no 14 de decembro


 A cita deportiva disputarase no complexo deportivo da Fieiteira

No 14 de decembro hai unha cita no complexo deportivo da Fieiteira coa final galega do Nada e Corre, que se celebrará por terceiro ano consecutivo en Ribeira, a partir das 10.00 horas.

Trátase dun evento que organiza a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno e o Club Natación Ribeira, coa colaboración do Concello.

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, declarou que “chega ao calendario deportivo municipal unha competición xa consolidada que ten como epicentro unha instalación municipal de renome como é A Fieteira, onde se reunirán deportistas que deberán completar as diferentes distancias en auga e sobre o terreo. Xa tivemos aquí a fase clasificatoria na que puidemos desfrutar dun gran nivel e estamos xa expectantes co que nos deparará a final. Son categorías de base, pero competidores de futuro.”

Uns 160 deportistas participarán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, que deberán completar a distancia correspondente nesta proba que reúne natación e carreira. Juanky Ageitos, adestrador do Club Natación Ribeira, precisou que, polo de agora, están confirmados para a final 8 deportistas do club local, se ben agardan que outros 5 superen as clasificatorias pendentes nestes días.

En palabras similares tamén se expresou a presidenta do club, Ana Villar, quen destacou a “moi boa forma” da que goza a entidade e avanzou que na final haberá premios e sorteos.

Deja un comentario