O recital será este luns 8 de decembro no auditorio do Centron Sociocultural Ágora
O ciclo Poetas Di(n)versos, organizado polo Concello endirixido pola Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño, volve este luns 8 de decembro aonauditorio do Centro Sociocultural Ágora (20.00 horas), cun novo recital de poesía, quencontinuarán ata o mes de xuño de 2026.
“O Goberno de Inés Rey promove este ciclo de tan alta calidade, que achega á cidadanía onmellor da poesía nacional e internacional e permite encher os espazos municipais denactividade”, sinala o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Nesta ocasión, asnletras que se recitarán no auditorio chegarán desde Arxentina, con María Negroni, e Rianxo,ncon Noelia Gómez Calvo.
María Negroni naceu en Rosario, Arxentina, en 1951. É poeta, ensaísta, novelista, tradutorane académica. Graduouse en Dereito na Universidade de Bos Aires e obtivo un doutoramentonen Literatura Latinoamericana pola Universidade de Columbia. Actualmente dirixe a Mestríanen Escritura Creativa na Universidade Nacional de Tres de Febreiro (Arxentina).
A súa obra abarca poesía, ensaio e narrativa, con títulos como ‘La jaula bajo el trapo’,n‘Islandia’, ‘El viaje de la noche’, ‘Archivo Dickinson’, ‘El corazón del daño’, entre outros.
Recibiu múltiples distincións, como a Beca Guggenheim, o Premio Internacional de EnsayonSiglo XXI, e o PEN Award ao mellor libro de poesía traducida. O seu estilo caracterízase pornunha sensibilidade lírica profunda, influencias góticas e unha constante exploración danlinguaxe como forma de pensamento e emoción.
Por último, Noelia Gómez Calvo naceu en Rianxo en 1995. É poeta e xornalista. EstudounBacharelato de Artes Escénicas na Coruña, Xornalismo na Universidade de Santiago denCompostela, e realizou un máster en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamentonna Universidade Pompeu Fabra (Barcelona).
O seu primeiro poemario, ‘O xiro’ (2018), gañou o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente.nNel aborda temas como a perda, a memoria, a identidade rural e feminina, e ondesarraigamento. O seu segundo libro, ‘Desenfoque’ (2024), parte dunha experiencia persoalnde enfermidade ocular e reflexiona sobre a fraxilidade do corpo e a contorna. Participou ennantoloxías como ‘No seu despregar’, ‘Poesía galega novísima’ e ‘Así fala Penélope’, encolabora en proxectos poético-musicais como ‘Xirando’, xunto ao músico Rui Grenha. A súanpoesía inscríbese nunha xenealoxía feminista galega, con influencias de autoras comonXohana Torres, Xela Arias e Eva Veiga.
A sesión deste luns 8 no Ágora comezará ás 20.00 horas e a entrada será de balde atancompletar capacidade. Tamén será posible seguila a través da canle oficial de Youtube denPoetas Di(n)versos.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.