Friday 05 de December de 2025

A Xunta avoga por cambiar a relación da sociedade coa auga para adaptarse ao cambio climático


A Xunta de Galicia avogou esta mañá por concienciar á poboación a través da educación ambiental sobre os recursos naturais e cambiar a actual relación da sociedade coa auga para adaptarse aos grandes retos do cambio climático.
Así o defendeu hoxe o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, que participou en representación do Goberno galego na xornada INAWA-2025 (Investigación e desenvolvemento para a auga, o medio ambiente e as persoas), organizada pola cátedra EMALCSA da Universidade da Coruña no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía co obxectivo de reflexionar e intercambiar ideas, investigacións e experiencias que axuden a construír un modelo más equilibrado e xusto de xestión hídrica.
Durante as conferencias e presentacións desenvolvidas ao longo da mañá, abordáronse cuestións clave neste eido para avanzar cara a modelos urbanos más sostibles e resilientes, integrar a innovación ou reforzar a cooperación entre os axentes implicados.
Nesta liña, Roi Fernández defendeu tamén a necesidade de incorporar unha visión global que inclúa todas as fases do ciclo e os seus usos e implique ao conxunto dos axentes que interveñen, aproveitando para reivindicar unha maior representatividade para as mulleres profesionais que traballan neste eido.
Esta xornada organizada pola UDC reuniu hoxe a representantes institucionais e do ámbito científico, así como a especialistas do sector da auga e do medio ambiente e enmárcase na iniciativa INAWA, impulsada co propósito de ser un espazo de conexión entre ciencia, innovación e sociedade que promova un cambio de paradigma cara ao desenvolvemento urbano sensible á auga, unha forma de entender o ciclo integral da auga que pon o foco na relación entre as persoas, o entorno e os recursos naturais.

Deja un comentario