O Concello tomou a decisión ante a previsión de intensas chuvias para este venres anunciada por MeteoGalicia.
O acto de acendido da iluminación do Nadal, programado inicialmente para este venres, aprázase ao venres da semana que vén, día 12 de decembro, no mesmo horario (18:30 h).
O Concello tomou esta decisión ante o anuncio de MeteoGalicia, que prevé intensas chuvias tanto para a xornada deste venres como para toda fin de semana.
Desde o Concello agárdase que o venres seguinte a climatoloxía sexa máis favorable para poder desfrutar en mellores condicións dun evento que, polas súas especiais características, ten que celebrarse necesariamente ao aire libre.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.