A alcaldesa de Santiago de Compostela explicou que a proposta que o goberno municipal lle enviou a toda a representación sindical de bombeiros e policía inclúe unha suba do 20% sobre as contías actuais das compensacións por horas extra e unha avaliación dos postos de traballo para establecer unha contía por nocturnidade e festividade (entre outros conceptos) axustada á situación actual, establecendo como prazo máximo para efectivizala o mes de novembro do ano 2026 e que o aumento de contías resultante tivese efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro.
A rexedora, que compareceu acompañada do coordinador xeral do Concello, asegurou que, ante o conflito xerado tras a decisión de bombeiros e policía de non realizar horas extraordinarias para cubrir as necesidades destes dous servizos, o goberno municipal “sempre mostrou receptividade e vontade de chegar a un acordo, negociando con propostas sólidas e rigorosas e sempre coa perspectiva de que teñan encaixe legal e orzamentario”. Unha idea que tamén enfatizou o coordinador xeral, Xosé Antón Feire quen indicou que “somos unha Administración pública financiada con recursos públicos e isto determina o marco da negociación”
Goretti Sanmartín explicou que a proposta do goberno recolle, dunha banda, un 20% de suba sobre as contías actuais das compensacións por horas extra, e doutra, a realización dunha avaliación dos postos de traballo para establecer unha contía por nocturnidade e festividade (entre outros conceptos) axustada á situación actual. Ademais establecíase como prazo máximo para efectivizala o mes de novembro do ano 2026 e que o aumento de contías resultante tivese efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro.
Sobre a avaliación dos postos de traballo, a rexedora explicou que hai unha posición unánime. Todas as partes están de acordo en que é necesario determinar obxectivamente o valor dos conceptos que inclúe o complemento específico. Neste sentido, xa anunciou que esta mesma mañá tivo lugar unha reunión, coordina por Xosé Antón Feire, na que participaron todas as representacións sindicais e un equipo da USC para determinar a metodoloxía e un cronograma de cara a ter o estudo rematado nun prazo de seis meses.
Reclamacións económicas
A respecto da outra reclamación económica, a compensación de horas fóra da xornada ordinaria, a alcaldesa explicou que o punto de partida debe ser o Acordo regulador-convenio colectivo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.