• O Concello programa para as 17:30 horas deste venres, 6 de decembro, unha xornada na praza do Parchís con música, animación e chocolate para os asistentes.
O Concello de Miño inaugurará oficialmente o Nadal este venres, 6 de decembro, cunha festa pensada para o goce de todas as veciñas e veciños.
A celebración terá lugar na praza do Parchís, a partir das 17:30 horas, e ofrecerá unha tarde repleta de música, animación e ademais, para combater o frío propio destas datas, repartirase chocolate quente entre as persoas asistentes.
O momento máis esperado chegará co aceso da iluminación do Nadal, que vestirá de luz e cor as rúas do municipio durante toda a tempada festiva. Unha cita perfecta para reunirse, compartir e dar o pistoletazo de saída a un nadal cheo de maxia en Miño.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.